I Xornada de Enoturismo nas Rías Baixas dende o castelo de Soutomaior

La Voz

O viño e os paquetes turísticos ligados a ese sector axudaron a conquistar definitivamente aos miles de visitantes que cada ano se achegan ao destino Rías Baixas, así como ao resto da provincia pontevedresa. Detrás desta denominación de orixe hai máis de 5.000 viticultores, unhas 170 adegas e cinco subzonas. Un entorno privilexiado ao que hoxe nos achegamos da man de cociñeiros, catadores, adegas, establecementos hoteleiros, consello regulador e Deputación de Pontevedra.

08 may 2024 . Actualizado a las 17:45 h.